PREGOEIRO ANO 1996

"Aquí estamos, nesta XVI Romaxe, dipostos outra vez a consumar o rito ancestral da pedra nes Monte Máxico das Rodas, ao pé do do Quinto, ollando abaixo a Terra Chá que foxe, lenta, cara ás Serras de Meira e A Fonsagrada.

Qué enigma abre a nostalxia nosa cando xa desde lonxe sentimos como unha badalada que chama a nos aproximar?. Qué enigma puxo a historia anes grandísimos penedos redondeados como rodas abultadas?...

Pouco hai escrito sobre estes ollos pétreos que nos miran desde os séculos. Amor Meilán, na "Xeografía do Reino de Galicia", fala das Penas dicindo que o seu grandor e forma deron lugar a lendas "realmente extravagantes". Manuel María, con ollos de neno e de poeta, cantou-nas repetidamente, (....fantasía dos meus soños de neno/ coa lenda da pena de ouro/ e a pena de alcatrán, capaz/ de rematar coa terra polo lume....). E no conto que chama "Por que é lisa a Terra Cha" di que Paderna, o bardo de Outeiro de Rei, converteu os montes que antes inzaban estas terras, nestes dous enormes penedos, quedando así como hoxe é, cha.

.....Exitíu, tamén aquí, culto as Penas de Rodas?. Entremos no topónimo. Por qué o monte se identificou coa roda?. Supoño que pola referencia a forma das Penas. Mais, a roda é símbolo solar na maior parte das tradicións. Mag Ruith, -contan Gheerbrante e Chevalier no "Dicionario de Símbolos"-, o mago celta das rodas, pronuncia con axuda delas os agoiros druídicos. O sol tamén é fecundador, fonte de luz, de calor e de vida. O culto ao sol domina as antigas grandes civilizacións, e na Astroloxía é o símbolo do principio xenerador masculino. O culto fai-se en dous momentos,principalmente: no solstício de inverno e no solstício de verán, e precisamente o solstício de inverno asocia-se á xestación; é o tempo favorábel para a concepción. E ainda podemos interpretar outros datos que nos levan a idénticas conclusións. Os mesmos autores din que os bretóns facían ritos nos menhires para curar a esterilidade, e afirman que as Pedras Furadas preservan de malefícios e teñen virtudes fertilizantes e fecundantes. Aquí, no Monte do Quinto, existe ese nome de Pedra Furada. É unha madorra, parece, das varias que hai pola zona..."

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto