^Back To Top

logo

Ruta

PREGOEIRO ANO 1995

" Nesta paraxe singular, ó arrimo destas penas, que son testemuña do inevitable paso do tempo, quero convidarvos a desocupada troula e ó familiar parrafeo con cantos concertaron esta cita para verse hoxe, esquecendo penalidades e apuros, desbotando ansias e retirando do pensamento o pesar do boureo diario e as amarguras da carga da vida. Sabede que é preciso gozar mentres se poida das cousas boas, aledarse cos que están ledos, baleirar a mágoa dos que sofren e puxar por aqueles que non teñen tino para atopar unha luz que os guíe na dura andaina do seu camiño. Por iso, dende a máis remota memoria dos tempos, o home ordenou as festas, para despedir o inverno e celebrar o abrente da primavera; festas para comenzar os traballos do verán e para poñer o ramo das colleitas cando o outono xa ven ás portas; festas para honrar o patrón que nos ampara e para solemnizar as datas importantes das nosas vidas con aqueles que ben queremos e que tamén nos queren.

Esta que hoxe aquí nos reúne asenta en dúas bases fundamentais para calquera ritual colectivo: a comunión coa tradicción da terra e a necesidade individual de se manifestar cos compañeiros do grupo.

Non deixar secar as raícese condición indispensable para a supervivencia de calquera ser vivo. Alimentarse co zume nutricio que outros seres nos foron deixando co pasar dos anos é sinal de intelixencia que madura nos pobos máis amantes da mellora e do progreso. "

 

 

Copyrigcht © 2013 Taller de Gaita

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto